O mapa de Chan da Tjärn

O mapa “Chan da Tjärn”, de nova cartografía, reune as características ideais para á práctica das carreiras de orientación.

O terreo destaca pola súa calidade técnica. Combinación de detalles rochosos con bosques de diferentes penetrabilidades e visibilidade que requerirá que o corredor se adapte constantemente á velocidade de carreira e á lectura do mapa para manter o fluír da orientación no terreo. 

En xeral a velocidade de carreira é media: Zonas onde se pode correr rapidamente, limpas de pino e outras máis lentas con algo de vexetación baixa e restos das cascas de eucalipto. Nesta época do ano o fento estará todavía brotando polo que é ideal para mellorar a experiencia do corredor. 

Ademais do bosque, atopamos zonas abertas que ofrecen un auténtico espectáculo paisaxístico.

A rede de sendas é suficiente para proporcionar referencias lineais constantes aos corredores menos experientes. Estas sendas tamén permitiralles adentrarse no bosque ocasionalmente para buscar os controis tendo unha experiencia orientadora total.

En canto á fauna, atoparemos xabarís correndo e é probable cruzarnos con Garranos, unha especie equina característica desta zona de competición.

A zona de bosque foi creada para desfrute a tódolos niveis

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *