O mapa de MTBO do Maúxo

O mapa “Monte Maúxo”, reune as características ideais para á práctica das carreiras de orientación en bicicleta de montaña. A mesma zona xa foi usada para unha sección de orientacion en bicicleta de montaña MTBO no PontevedRAID 2022, aínda que foi actualizado a finais de 2023

Mapa técnico con grandes diferenzas na ciclabilidade. O monte Maúxo situado na zona central da nome a este mapa.

A gran densidade na rede de camiños, favorece a exitencia de múltiples eleccións de ruta que alternarán pistas moi rápidas con sendas estreitas de descenso, ou con pistas anchas con pedras soltas ou grava.

O mapa na súa zona central alcanza cotas de 400-450m sobre o nivel do mar, no norte a altura descence ata os 60m.

Ciclabilidade e desnivel serán fundamentáis á hora de decidir o trazado ideal entre cada punto da carreira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *