Raza Palleira organiza a derradeira carreira do ano: o Campionato Xunta de Galicia de Remudas Mixtas 2025, que terá lugar o 13 de decembro no centro urbano de Cangas de Morrazo. Non esquezas que as inscripcións na web da Fegado pechan xa! Este domingo 7 a media noite!
A proba celebrarase en formato urbano por equipos mixtos de dous compoñentes.
Ademais da competición, a xornada acollerá dous actos fundamentais para a comunidade da orientación galega: a Asemblea Xeral da Federación Galega de Orientación e a entrega de premios das ligas O-Pé e Sprint, convertendo Cangas no epicentro do peche da tempada.
Os resultados estarán disponibeis en O-Replay
Revisa ou descarga o Boletín:
692402689c-boletin