Vigo – MTBO

Última actualización 11 de abril

Domingo 14 de abril de 2024

Vigo – coruxo
Campionato Xunta de Galicia – MTBO Longa Distancia
4ª carreira da XII Liga galega de orientación en bicicleta MTBO

Resultados definitivos

Descargar en PDF

Parciales SportIdent definitivos

Descargar en PDF

Fotos

Boletín final

Descargar en PDF

Programa provisional

  • Domingo 7 de abril 2024
    23:50 – Peche de inscricións
  • Domingo 14 de abril 2024
    09:00 – Apertura da Secretaría no centro de competición de ‘Fragoselo’ (Coruxo, Vigo)
    10:00 – Saída dos primeiros competidores
    14:30 – Fin do evento e entrega de trofeos

Inscricións

Deportistas federados galegos (FEGADO) a través do sistema de inscripción da intranet da FEGADO. Inscritos na categoría absoluta parellas deberán comunicar ao club a parella do equipo enviando mail a razapalleira@razapalleira.com.


Os deportistas non federados que queiran inscribirse a través da intranet da FEGADO, deberan crear unha conta na intranet e pagar no formulario abaixo.

Deportistas federados nacionais e federados estranxeiros no formulario abaixo. Categorías absoluta parellas e iniciación equipos deberán seleccionar el número de participantes y si alquilan SportIdent (existe la posibilidad de alquilar 2 pinzas en el caso de absoluta parellas), y en el formulario del pago deberán introducir los datos de todos los miembros del equipo/pareja:

Zonas de competición

Zona embargada

Procédese ao embargo das zonas de competición mapa MTBO do Maúxo e no mapa antigo de 2022 de MTBO do Maúxo

Centro de competición

O Centro de Competición estará situado na área do local da comisión de festas de San Sebastián (coordenadas 42.18005, -8.76695

Mapa

Mapa técnico con grandes diferenzas na ciclabilidade. O monte Maúxo situado na zona
central da nome a este mapa.

A gran densidade na rede de camiños, favorece a exitencia de múltiples eleccións de
ruta que alternarán pistas moi rápidas con sendas estreitas de descenso, ou con pistas
anchas con pedras soltas ou grava.

O mapa na súa zona central alcanza cotas de 400-450m sobre o nivel do mar, no norte
a altura descende ata os 60m

Seguindo os criterios do Anexo I das Normas anuais FEGADO 2024 establécense as seguintes categorías:

Categorías oficiais

Prezos

Federados/as categorías M/F-20 e inferiores: 7 €

Federados/as categorías M/F-21 e superiores: 10 €

Non Federados/as, con licenza de proba e participando en Promoción ou Iniciación Equipos: 10 €


❖ Recargo por inscrición fóra de prazo: + 100% da cota de inscrición correspondente

❖ Alquiler tarjeta SportIdent: 3 €

❖ Cambio de tarxeta S.I., a pagar pola persoa deportista: Unha vez pechadas as inscricións: 2 € (o día da carreira: 5 €)

Outras informacións

Categorías e participación

Categorías non oficiais – sem límite de idade

  • Promoción
  • Iniciación equipos

Categorías oficiais

  • M-15, F-15: nados en 2009 ou posteriores
  • M-17, F-17: nados en 2007 ou 2008
  • M-20, F-20: nados en 2004, 2005 ou 2006
  • E, F-E: categorías absolutas, sen límite de idade
  • M-21, F-21 – sen límite de idade
  • M-40, F-40 – nados en 1984 ou anteriores
  • M-50, F-50 – nados en 1974 ou anteriores
  • M-60, F-60 – nados en 1964 ou anteriores
  • Absoluta parellas – 2 deportistas de calquera idade e xénero
  • E-bike – de calquera idade e xénero
Chan duro e duchas

Existirán duchas en Baiona e Chan duro no CEIP a Paz-Tintureira, que podedes ter xa en conta de cara á planificación da vosa participación nas dúas probas do fin de semana.

Normativa

A normativa aplicable é a vixente da Federación Galega de Orientación 2024: Normas anuais FEGADO e Regulamento de Orientación

VigBay

O día 14 de abril de 2024 dispútase a ‘VigBay’ polo que se existen plans de fin de semana debe terse en conta unha ocupación da zona importante

Equipo de organización
  • Director da proba: Antonio Domínguez Portas
  • Director técnico: Xoel Chamorro García
  • Técnicos Sportident: Alicia Pérez Alonso e Adrián Pérez Alonso
  • Cartografía: Adrián Pérez Alonso
  • Trazador: Adrián Pérez Alonso e Gonzalo Fernández Casalderrey
  • Seguridade: Alfonso Gallo Bueno
  • Xuiz controlador: Javier Alvelo Fraguela

Últimas novas: