Comilonas nas probas de ori a pe e bici

Todos deberiades saber que os Palleiros encántanos a orientación e as comilonas. Por iso, nas probas de o-pe e mtbo teremos preparados bos menús para todos os asistentes.

Primeiro, ao rematar a carreira de orientación a pe en Chan de Tjärn (Baiona), ofrecida polo noso cociñeiro xefe (nativo asturiano) por tan solo 6€ (reservar aqui). Teremos unha boa fabada asturiana a fartucar!!! (con bebida incluida). Posiblemente ofreceremos algunha sorpresa máis, ao rematar a carreira incluida no menú. E por suposto teremos preparado un plan B, no caso de que a choiva non permita disfrutar do merendeiro de Chan da Lagoa.

De segundo, os asistentes ao chan duro do CEIP Tintureira espertarán con cheiro a café quente.

Por último o bar da comisión de festas de San Sebastián (Coruxo, Vigo) estará aberto durante a competición de orientación en bicicleta (MTBO) e ofrecerá bocadillos e un menú baixo pedido (consultade o boletín para detalles).

Algunha información está publicada nos 2 boletíns das dúas probas, pero completaremos todos os detalles no último boletín! Non agardedes nin un segundo para formalizar a vosa inscripción!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *